Galicia Business School móstranos como crear imaxes máis profesionais con IA
luns, 15 de xuño do 2026
A iniciativa de formación avanzada Galicia Business School, con sedes na Coruña e Vigo, organiza este mes de xuño un novo seminario de transformación tecnolóxica para facer avanzar en excelencia o quefacer dos nosos profesionais: a xornada gratuíta Crea contidos visuais con IA. Será este mércores 17 de xuño a partir das 13.00 horas (cunha hora de duración).
Segundo explican dende o o equipo de formación, “as ferramentas de intelixencia artificial están a permitir a empresas de calquera tamaño crear contidos visuais de maior calidade, sen necesidade de coñecementos de deseño nin recursos especializados”. Seguindo este fío, neste seminario en liña poderemos obter recursos de IA para mellorar fotografías de produto, xerar imaxes máis atractivas e crear materiais visuais listos para utilizar en mercadotecnia, vendas ou comunicación. Amais, as persoas asistentes traballarán sobre un caso práctico real, mostrando paso a paso como transformar unha imaxe sinxela nunha peza moito máis profesional e preparada para captar a atención de clientes e usuarios.
“Trátase dunha sesión práctica dirixida a profesionais, directivos e equipos que queiran aproveitar o potencial da IA visual para comunicar mellor e aforrar tempo na creación de contidos”, explican dende Galicia Business School.
Os contidos serán impartidos Pau Villier Ferrer, deseñador e director de arte con máis de 25 anos de experiencia liderando proxectos creativos para empresas e institucións de distintos sectores.
