RTX Spark: unha nova arquitectura centrada na IA local
luns, 1 de xuño do 2026
Microsoft e nVIDIA anunciaron na conferencia GTC unha nova xeración de ordenadores con Windows baseada na plataforma RTX Spark, unha arquitectura deseñada para combinar altas prestacións gráficas, aceleración de intelixencia artificial e eficiencia enerxética en equipos lixeiros. Os primeiros dispositivos chegarán este outono da man de fabricantes como Asus, Dell, HP, Lenovo, MSI e tamén coa nova proposta propia de Microsoft, o Surface Laptop Ultra.
A nova plataforma aposta por un deseño baseado na arquitectura ARM e incorpora ata 20 núcleos de procesamento, ata 6.144 núcleos gráficos Blackwell RTX e ata 128 GB de memoria unificada compartida entre CPU e GPU. Segundo os datos facilitados por nVIDIA, RTX Spark pode alcanzar 1 petaflop de rendemento para tarefas de IA.
Microsoft adaptou Windows 11 para sacar proveito desta arquitectura heteroxénea mediante optimizacións no planificador do sistema, que distribúe as cargas de traballo entre os distintos núcleos segundo as necesidades de rendemento e consumo. Tamén se integrou o Microsoft Power and Thermal Framework (MPTF), destinado a mellorar a xestión térmica e enerxética dos equipos.
A memoria unificada convértese nun dos elementos centrais da plataforma. Windows permitirá asignar máis memoria á GPU e mellorará a xestión das páxinas de memoria compartida para favorecer cargas de traballo intensivas como a execución de modelos de IA de gran tamaño, a renderización 3D ou a edición de vÃdeo profesional.
A compatibilidade co software existente seguirá dependendo en boa medida de Prism, o sistema de emulación de Windows para aplicacións x86 en equipos ARM. Microsoft asegura que esta tecnoloxÃa foi optimizada especificamente para RTX Spark e que continúa ampliando a compatibilidade con instrucións avanzadas e aplicacións profesionais.
A estratexia tamén está fortemente orientada aos chamados axentes de IA. Microsoft destacou durante a súa conferencia Build que Windows incorporará mecanismos de identidade, illamento e control para executar este tipo de aplicacións localmente. nVIDIA adaptará a Windows a súa plataforma OpenShell, que será utilizada por proxectos como Hermes Agent e OpenClaw para integrar axentes capaces de operar directamente sobre o sistema sen depender constantemente da nube.
O ecosistema de aplicacións adaptadas a ARM continúa medrando. Entre os programas xa optimizados figuran Blender, DaVinci Resolve, Cinema 4D, Redshift, Topaz Photo, CapCut, Cubase, Bitwig Studio, Affinity, Photoshop e Premiere. Tamén Matlab conta xa con soporte oficial para Windows sobre Arm.
Os videoxogos tamén recibirán melloras especÃficas, destacando Microsoft a compatibilidade con solucións antitrampas como Easy Anti-Cheat e BattlEye, asà como o soporte da aplicación Xbox para PC. Riot Games confirmou ademais a chegada de League of Legends e Valorant á plataforma, mentres que tÃtulos como PUBG: Battlegrounds, Alan Wake 2, Naraka: Bladepoint, Pragmata ou War Thunder tamén estarán dispoñibles.
Unha folla de ruta que chega ata os supercomputadores locais
A colaboración entre Microsoft e nVIDIA non remata nos portátiles. Ambas empresas confirmaron que están a traballar na adaptación de Windows para sistemas DGX Station baseados no superchip nVIDIA GB300 Grace Blackwell Ultra Desktop, previsto para finais de ano.
Estes sistemas poderán executar localmente modelos de IA de ata un billón de parámetros e combinarán capacidades de computación avanzada con gráficos profesionais RTX PRO Blackwell. Microsoft considera que esta evolución permitirá trasladar a execución de modelos avanzados e cargas de traballo axénticas desde a nube cara a estacións de traballo locais, facilitando o control dos datos e o cumprimento de requisitos normativos sen renunciar ao acceso ao ecosistema Linux a través do Subsistema de Windows para Linux (WSL).
