Acer prepara unha consola para xogar en streaming

venres, 29 de maio do 2026 Redacción

Nun momento no que a Steam Deck chega a venderse a un prezo de 919 euros por mor da crise de abastecemento de memorias por culpa da alta elevada provocada pola IA temos compañías como Acer que exploran solucións que faciliten o xogo en mobilidade sen realizar grandes investimentos iniciais.
Un dos primeiros produtos nesta liña que veremos a semana que vén no Computex é o ordenador consolizado Acer Nitro Blaze Link, que podería describirse como unha PlayStation Portal para PC. Deste xeito, este trebello con pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, Wi-Fi 6, 1 GB de LPDDR4 e 8 GB de eMMC sería basicamente un equipo con Linux que non correría os xogos en local, senón que accedería aos mesmos a través de streaming.
Polo momento non sabemos o prezo (previsiblemente reducido) que terá a Nitro Blaze Link, pero si que está previsto que vexa a luz no derradeiro trimestre do ano.