Asus presenta unha nova ROG Ally con pantalla OLED e lentes con pantalla
luns, 1 de xuño do 2026
A división de videoxogos de Asus presentou o ROG Xbox Ally X20 Bundle, un lote conmemorativo creado para celebrar o 20º aniversario da marca. O novo modelo de ordenador consolizado destaca por incorporar unha pantalla OLED (algo que nunca fixera a marca neste tipo de produtos) e por chegar acompañado das lentes de realidade aumentada ROG Xreal R1 Edition 20.
A principal novidade técnica é a incorporación dunha pantalla OLED ROG Nebula HDR de 7,4 polgadas, cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles, frecuencia de actualización de 120 Hz e compatibilidade con FreeSync Premium Pro. O panel acada un brillo máximo de 1.400 nits en contidos HDR, conta coa certificación VESA DisplayHDR 1000 e ofrece compatibilidade con Dolby Vision. A protección corre a cargo do vidro Gorilla Glass Victus combinado con Gorilla Glass DXC e un tratamento anti-reflexos que reduce os reflexos ata nun 65 %.
A consola introduce un novo Transforming D-Pad que pode alternar entre configuracións de catro e oito direccións, facilitando o seu uso en xogos de loita. Os joysticks empregan tecnoloxÃa TMR (Tunneling Magnetoresistance), que promete unha maior precisión e durabilidade que os sensores Hall Effect, ao tempo que reduce o risco de deriva. Tamén se incorporan gatillos analóxicos Hall Effect, retroalimentación háptica HD e un xiroscopio de seis eixes.
O corazón do equipo é o procesador AMD Ryzen AI Z2 Extreme, un chip de oito núcleos e dezaseis fÃos que pode acadar os 5 GHz e integra unha NPU AMD XDNA capaz de ofrecer ata 50 TOPS para tarefas de intelixencia artificial. O dispositivo complétase con 24 GB de memoria LPDDR5X e unha unidade SSD PCIe 4.0 NVMe de 1 TB.
Entre as funcións impulsadas pola IA figura Auto SR, unha tecnoloxÃa de superresolución automática que permite executar os xogos a resolucións inferiores e reconstruÃr a imaxe para mellorar o rendemento mantendo un alto nivel de calidade visual. Esta caracterÃstica estaba reservada ata o de agora aos equipos Copilot+ PC con Windows 11.
A baterÃa ten unha capacidade de 80 Wh e o trebello incorpora dous portos USB-C, un deles compatible con USB4 e DisplayPort 2.1, lector de tarxetas microSD UHS-I, Wi-Fi 6E, Bluetooth 5.4 e sensor de impresións dixitais integrado. O peso elévase ata os 756 gramos, unha cifra superior á da actual ROG Ally X.
O paquete inclúe as lentes ROG Xreal R1 Edition 20, que se conectan directamente á consola mediante un único cable USB-C. Estas lentes utilizan paneis micro-OLED capaces de simular unha pantalla virtual de 171 polgadas situada a catro metros de distancia, cunha frecuencia de actualización de ata 240 Hz e un tempo de resposta de 0,01 milisegundos. Tamén integran seguimento de movemento de cabeza en tres graos de liberdade (3DoF) e un modo Anchor que permite fixar a pantalla virtual nun punto concreto do espazo.
A configuración complétase cunha subscrición de tres meses a Xbox Game Pass Premium, reforzando a aposta de Asus e Microsoft por converter a familia ROG Xbox Ally nunha alternativa portátil para acceder ao catálogo de Xbox e aos xogos de PC baseados en Windows 11.
