Surface Laptop Ultra, o primeiro equipo de Microsoft baseado en RTX Spark
luns, 1 de xuño do 2026
Coincidindo co anuncio da plataforma RTX Spark, Microsoft presentou o Surface Laptop Ultra, definido como o portátil Surface máis potente desenvolvido ata hoxe.
O equipo combina unha GPU Blackwell RTX de nVIDIA con ata 128 GB de memoria unificada e compatibilidade completa con CUDA. Segundo a información facilitada pola compañÃa, pode executar localmente modelos de IA de ata 120.000 millóns de parámetros e alcanzar igualmente 1 petaflop de capacidade de cálculo para IA.
O portátil incorpora unha pantalla táctil PixelSense Ultra de 15 polgadas con tecnoloxÃa mini-LED, brillo máximo HDR de 2.000 nits e unha densidade de 262 pÃxeles por polgada. Tamén conta co maior panel táctil háptico instalado ata agora nun Surface e inclúe conectividade HDMI, USB-C, USB-A, lector de tarxetas SD e saÃda para auriculares.
Microsoft asegura que o deseño foi desenvolvido de maneira conxunta por equipos de enxeñarÃa mecánica, eléctrica, térmica e de software para garantir un funcionamento silencioso e un elevado rendemento sostido, mantendo ao mesmo tempo unha autonomÃa de baterÃa para toda a xornada.
O Surface Laptop Ultra comercializarase no outono en acabados Platinum e Nightfall.
