Amosan o deseño do novo PC consolizado de MSI
venres, 29 de maio do 2026
MSI presentou a nova consola portátil Claw 8 EX AI+ de cara á feira Computex 2026, un dispositivo que aposta polos novos procesadores especÃficos para consolas portátiles de Intel e que abandona os anteriores chips Lunar Lake empregados pola marca. O equipo presume de ser o primeiro modelo anunciado co novo procesador Intel Arc G3 Extreme, integrado na familia Core Ultra Series 3 Panther Lake, e deseñado para ofrecer un maior rendemento gráfico grazas á arquitectura Xe3.
A nova consola portátil de MSI mantén un formato semellante ao da anterior Claw 8 AI+, presentada o ano pasado cun prezo de 1.099 euros, aÃnda que introduce cambios importantes tanto no deseño como no hardware interno.
A Claw 8 EX AI Plus integra unha pantalla táctil de 8 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles e unha taxa de refresco de ata 120 Hz. O chasis foi redeseñado con novos agarres orientados a mellorar a ergonomÃa durante sesións longas de xogo. Tamén incorpora gatillos e sticks con tecnoloxÃa Hall Effect, o que promete unha maior precisión e menor desgaste co paso do tempo.
MSI asegura ademais que o dispositivo incorpora un novo motor lineal de gama alta para mellorar a resposta háptica e aumentar a eficiencia enerxética, aÃnda que polo momento non concretou a autonomÃa estimada da baterÃa. A consola contará cun único slot NVMe M.2 para almacenamento e permitirá configuracións de ata 32 GB de memoria LPDDR5x en dobre canle, aÃnda que tampouco se detallaron as variantes concretas dispoñibles no lanzamento.
A nivel estético, a portátil presentarase inicialmente nunha única cor denominada Void Purple.
