A Steam Machine sairá á venda no verán
xoves, 4 de xuño do 2026
Tras meses con dúbidas sobre se Valve serÃa quen de pór á venda a súa consola doméstica Steam Machine por mor da actual crise nas memorias provocada polo boom da IA, finalmente a compañÃa responsable da principal tenda de xogos descargables para PC confirma que este verán porá á venda tanto a Steam Machine como o sistema de realidade estendida Steam Frame.
Dende Valve lembran que a Steam Machine é un ordenador con arquitectura x86 que corre baixo SteamOS, buscando facilitar o goce de xogos para PC no salón, trasladando o éxito da portátil Steam Deck aos televisores domésticos. A compañÃa insiste que todos os xogos que funcionen correctamente nunha Steam Deck correrán perfectamente nunha Steam Machine, e incluso é posible que na nova máquina funcionen moitos xogos mellor que na súa irmá portátil.
Outra leria é o Steam Frame, xa que estamos ante un visor de realidade estendida comparable a Meta Quest, que tamén funciona con SteamOS, pero baseándose nunha arquitectura ARM (como a meirande parte dos visores do mercado). Os xogos poderán correr directamente no visor, abrindo moitas posibilidades, aÃnda que dende Valve recoñecen que o uso principal deste dispositivo é o de empregarse como accesorio dun potente ordenador.
Polo momento non se anunciaron os prezos de ambos produtos, pero cando menos xa sabemos que queda poucas semanas para o seu lanzamento, e os desenvolvedores de videoxogos xa poden consultar a documentación para poder certificar que os seus tÃtulos corren ben nas novas máquinas.
